12 de nov. de 2020

MERENDAS DO MAGOSTO 2020

É tempo de magosto, mais este curso non o imos celebrar como é o costume no noso centro. Estamos a traballar arredor desta festa tradicional galega e queremos facer unha merenda especial este venres día 13  que consistirá en froita desta época, doces elaborados con produtos desta tempada ( castañas asadas, castañas cocidas, biscoito de noz, biscoito de mazá ou de cabaza...).
Por mor da pandemia as merendas non se  poden compartir a degustación, pero podemos compartir as fotos da elaboración, contar en que consiste e amosalas.

Grazas pola vosa colaboración. 👏👏👏

CLARA CON ELOY PREPARANDO BISCOITO DE CABAZA 😍


NATALIA E A SÚA TORTA DE MAZÁ 😋😋😋




                         ADAEL E AS SÚAS MAGDALENAS DE MAZÁ!😍


MARÍA E AS SÚAS GALLETAS DE CASTAÑA!😋


ALDARA E AS SÚAS CHULAS DE CABAZA 😍



 

ROQUE E SABELA CO SEU BISCOITO DE NOCES E CHOCOLATE    😋😋😋


ANA E ÁLVARO ASANDO CASTAÑAS E CON BISCOITO

 DE IOGUR E MAZÁS  😋😋😋


ALICIA E O SEU BISCOITO 😋😋😋

OMAR E FAMILIA PREPARANDO O SEU BISCOITO DE CHOCOLATE E AMÉNDOAS  😋😋😋

SERGIO CON MAGDALENAS DE CASTAÑA E

CASTAÑAS ASADAS 😉


LORETO E A SÚA TORTA DE NOCES 😋😋😋


NEREA E O SEU BISCOITO DE NOCES! 😋😋



MARTÍN E O SEU IRMÁN CO SEU PASTEL DE CABAZA!😍😍😍



LUCA E A SÚA TORTA DE MAGOSTO! 😍😍

CARMELA E O SEU BISCOITO DE CASTAÑAS 😋😋


ESTHER E O SEU PASTEL DE AMÉNDOAS! 😍😋



ALICIA EN POMPEIA

A nosa compañeira Alicia contáranos que de pequeniña estivera en Pompeia coa súa nai e co seu pai, pero que non podía recordalo...

Na casa, con axuda da súa familia, rescatou algunhas das fotos e hoxe falou do Vesubio, das esculturas gardadas e das calzadas de Pompeia polas que paseou no colo. Todo un luxo!!!

Grazas Alicia por compartilo.👏👏👏

16 de xuño de 2020

COMPARTINDO MÁIS ARTE...

Loreto está adicando parte do seu tempo a pintar moitos cadros e comparte as dúas últimas obras con nós. Noraboa 😉👏👏

8 de xuño de 2020

JIMENA E OS OCÉANOS

Hoxe, día 8 de xuño, como sabedes celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. Na entrada de mascotilandia temos varios videos sobre océanos, o último deles é unha canción que Jimena "baila" e quere compartir con todos nós. Noraboa 👏👏👏

E O XIRASOL MEDROU E MEDROU...

Lembrades que Yago contounos que plantara unhas sementes no seu xardín autorregable. Entre esas sementes había xirasoles ou mirasoles. Agora mirade como está a planta:
Yago e familia, grazas por compartir a vosa experiencia.👏👏👏


27 de maio de 2020

XOGO QUEN E QUEN

Alicia creou un xogo con personaxes da mitoloxía grega. Púxolle de nome Quen é quen. Noraboa polo teu esforzo!


22 de maio de 2020

MÁIS MASCOTAS

Carla e Inés queren presentan as súas mascotas:
Siri é unha gata siamesa de 3 anos que ademais é a protagonista da poesía de Carla.
Candy é un hámster de 10 meses.
Grazas por compartir con nós estas fotos tan chulas 😉