Alicia creou un xogo con personaxes da mitoloxía grega. Púxolle de nome Quen é quen. Noraboa polo teu esforzo!
ESTE É UN BLOG MOI ESPECIAL PARA O ALUMNADO DE CUARTO. NACEU EN TEMPOS DE CONFINAMENTO PARA PODER ACHEGAR DESDE AS VOSAS CASAS, MANUALIDADES, RECITADOS, RAPS, MASCOTAS, INQUEDANZAS...SEGUIMOS POÑENDO AS FOTOS E OS VIDEOS QUE QUEIRADES COMPARTIR. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.
27 de maio de 2020
22 de maio de 2020
MÁIS MASCOTAS
Carla e Inés queren presentan as súas mascotas:
Siri é unha gata siamesa de 3 anos que ademais é a protagonista da poesía de Carla.
Candy é un hámster de 10 meses.
Grazas por compartir con nós estas fotos tan chulas 😉
Siri é unha gata siamesa de 3 anos que ademais é a protagonista da poesía de Carla.
Candy é un hámster de 10 meses.
Grazas por compartir con nós estas fotos tan chulas 😉
TÍTERES DAS PITAS
Luana e Maira comparten con nós o seu traballo cos títeres das PITAS BAIXO A CHOIVA de Ricardo Carballo. Noraboa polo voso traballo e por compartilo 😉👏👏👏
21 de maio de 2020
ADIVIÑA-ADIVIÑANZA
Un pequeno xogo para adiviñar. Agradecemos a proposta de Natalia e familia. Animádevos a participar!!! Temos comentarios e faladoiro...
Tamén comparte con nós unha cariñosa foto cun castelo de naipes:
19 de maio de 2020
ESCULTURA FEITA CON PLASTILINA
Javier comparte con nós un busto feito con plastilina. Podedes observalo dende distintas perspectivas.
17 de maio de 2020
IMAXINA PONTEVEDRA
A familia Cernadas Martínez participou moi comprometida na actividade plástica proposta desde o centro. A obra final aparece no noso MUSEO VIRTUAL e titúlase IMAXINA PONTEVEDRA.
Agradecemos que compartan imaxes dos preparativos, da realización e dos resultados finais con nós. Fixádevos ben, hai moitos detalles que observar:
Noraboa familia 👏👏👏
15 de maio de 2020
REPRESENTACIÓN AS PITAS BAIXO A CHOIVA
Sabela e Roque fan unha homenaxe a Ricardo Carballo Calero poñéndolle voz e imaxe á obra As pitas baixo a choiva.
Moi ben! Bravo!
13 de maio de 2020
LUCA INVESTIGA SOBRE OS CARBALLOS
Luca fixo unha pequena investigación sobre os carballos que comparte nesta entrada do blog. Dinos que é unha árbore moi lonxeva e que pode vivir ata mil anos.
12 de maio de 2020
ALDARA CONSTRÚE UN TIPI
Aldara envíanos esta foto no que con dous paus de vasoira e un anaco de tea crea un tipi (que eran as casiñas onde vivían os nativos americanos) para xogar e divertirse.
Verdadeiramente estades tendo ideas realmente creativas durante este confinamento! Noraboa Aldara!
Verdadeiramente estades tendo ideas realmente creativas durante este confinamento! Noraboa Aldara!
LUCA FAI IOGA NO CONFINAMENTO
Luca ensínanos diferentes posturas de ioga que fai durante a corentena. Observade que as posicións que adopta teñen nome de animais moi comúns coma o can, o gato, a serpe ou a abella!
HIMNO ALEGRÍA DE CAETANO
Caetano comparte con nós unha breve interpretación co violín relacionada coa actividade de Europa. 👏👏👏 Escoitade:
COMPARTINDO ARTE...
Ana realiza actividades plásticas do máis variado que comparte con nós. Noraboa polo traballo e por compartilo 👏👏👏😍
Candela segue facendo "artistadas", mirade que bonito lle quedou "Gusanín" con material de refugallo 👏👏👏😍
A familia Filgueira Bugallo, comparte con nós as obras de Clara e de Eloy con material de refugallo:
Clara presenta "Un día entre flores" con papel reciclado de revistas, caixas de ovos, papel hixiénico e cartóns.
Eloy presenta "O barco da esperanza" con restos de embalaxe de poliespán, cartón, cordeis, cartolinas tubos de film, embases de queixo...
Noraboa polo voso traballo e por compartilo neste ESCAPARATE 👏👏👏😍
Noraboa polo voso traballo e por compartilo neste ESCAPARATE 👏👏👏😍
![]() |
Ali tamén comparte con nós un traballo con materiais de refugallo: O camión da Coca-Cola. Noraboa, toda unha artista!!! 👏👏👏😍
11 de maio de 2020
JAVIER COMPÓN UN CADRO
Javier quere amosarnos a súa faceta artística. Moitas grazas por compartilo co alumnado de 3º e coas profes!
UNHA SAÍDA COS SKATE
Martín Barros amósanos o feliz que se atopa podendo saír a rúa, co seu irmán Samuel, patinando nos seus monopatíns. Ás profes fainos moita ilusión poder vervos xogar de novo polo centro de Pontevedra!
ALICIA DIVÍRTESE FACENDO IOGA
Alicia comparte connosco o seus momentos de relaxación para facer fronte ao confinamento. Moi ben!
8 de maio de 2020
DESPUÉS DE LA LLUVIA
Clicade no video seguinte e gozaredes dunha preciosa histora compartida por unha das nosas familias. Ao final do conto, averiguaredes quen axudou a montala.
Noraboa polo voso traballo e por compartilo!!! 👏👏👏
REPRESENTACIÓN DUN CADRO
As vosas compañeiras Inés e Carla de Sola, xunto coa súa nai fan unha actividade creativa pondo en escena unha parte dun cadro de Sandro Botticelli.
A ver quen adiviña o seu título? Quen o descubra pode mandarnos a resposta!
7 de maio de 2020
CANCIÓN SI TE VAS DE CIBRÁN
Cibrán comparte esta canción que el mesmo compuxo nestes intres complicados polo COVID. Grazas por facernos partícipes da túa creación!
6 de maio de 2020
4 de maio de 2020
PLÁSTICA CON ROQUE E SABELA
Roque e Sabela comparten con nós unha actividade proposta ao final do video "Debuxo coas mans". Bo traballo 👏👏👏
MACETAS AUTORREGABLES
Recordades que a última semana que estivemos xuntas e xuntos no cole preparamos seis macetas autorregables con leitugas. Era unha actividade dentro do noso proxecto de plantas e horto. O último día deixamos bastante auga nelas...pero xa pasou moito-moito tempo. Que pasaría con elas?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)