8 de maio de 2020

DESPUÉS DE LA LLUVIA

Clicade no video seguinte e gozaredes dunha preciosa histora compartida por unha das nosas familias. Ao final do conto, averiguaredes quen axudou a montala.
Noraboa polo voso traballo e por compartilo!!! 👏👏👏
https://drive.google.com/file/d/1gBezCT2wswT_yIK8uP3R9qiHjiWaf-WY/view?usp=sharing

REPRESENTACIÓN DUN CADRO

As vosas compañeiras Inés e Carla de Sola, xunto coa súa nai fan unha actividade creativa pondo en escena unha parte dun cadro de Sandro Botticelli. 
A ver quen adiviña o seu título? Quen o descubra pode mandarnos a resposta!

7 de maio de 2020

CANCIÓN SI TE VAS DE CIBRÁN

Cibrán comparte esta canción que el mesmo compuxo nestes intres complicados polo COVID. Grazas por facernos partícipes da túa creación!

6 de maio de 2020

4 de maio de 2020

UNHA CASIÑA DE PAXAROS

Mariña decorou unha casiña de paxaros que quere compartir con todas e todos nós. Moitas grazas 👏👏👏

PLÁSTICA CON ROQUE E SABELA

Roque e Sabela comparten con nós unha actividade proposta ao final do video "Debuxo coas mans". Bo traballo 👏👏👏

MACETAS AUTORREGABLES

Recordades que a última semana que estivemos xuntas e xuntos no cole preparamos seis macetas autorregables con leitugas. Era unha actividade dentro do noso proxecto de plantas e horto. O último día deixamos bastante auga nelas...pero xa pasou moito-moito tempo. Que pasaría con elas?

Luana e Yago puxeron en práctica na súa casa as macetas autorregables e aquí temos a proba: 

Noraboa polo voso traballo e por compartilo!!! Cando volvamos a clase comentarémolo👏👏👏