27 de maio de 2020

XOGO QUEN E QUEN

Alicia creou un xogo con personaxes da mitoloxía grega. Púxolle de nome Quen é quen. Noraboa polo teu esforzo!


22 de maio de 2020

MÁIS MASCOTAS

Carla e Inés queren presentan as súas mascotas:
Siri é unha gata siamesa de 3 anos que ademais é a protagonista da poesía de Carla.
Candy é un hámster de 10 meses.
Grazas por compartir con nós estas fotos tan chulas 😉

TÍTERES DAS PITAS

Luana e Maira comparten con nós o seu traballo cos títeres das PITAS BAIXO A CHOIVA de Ricardo Carballo. Noraboa polo voso traballo e por compartilo 😉👏👏👏
 

21 de maio de 2020

ADIVIÑA-ADIVIÑANZA

Un pequeno xogo para adiviñar. Agradecemos a proposta de Natalia e familia. Animádevos a participar!!! Temos comentarios e faladoiro...
Tamén comparte con nós unha cariñosa foto cun castelo de naipes:


19 de maio de 2020

ESCULTURA FEITA CON PLASTILINA

Javier comparte  con nós un busto feito con plastilina. Podedes observalo dende distintas perspectivas. 


17 de maio de 2020

IMAXINA PONTEVEDRA

A familia Cernadas Martínez participou moi comprometida na actividade plástica proposta desde o centro. A obra final aparece no noso MUSEO VIRTUAL e titúlase IMAXINA PONTEVEDRA. 
Agradecemos que compartan imaxes dos preparativos, da realización e dos resultados finais con nós. Fixádevos ben, hai moitos detalles que observar:

 Noraboa familia 👏👏👏

15 de maio de 2020