16 de xuño de 2020

COMPARTINDO MÁIS ARTE...

Loreto está adicando parte do seu tempo a pintar moitos cadros e comparte as dúas últimas obras con nós. Noraboa 😉👏👏

8 de xuño de 2020

JIMENA E OS OCÉANOS

Hoxe, día 8 de xuño, como sabedes celebramos o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. Na entrada de mascotilandia temos varios videos sobre océanos, o último deles é unha canción que Jimena "baila" e quere compartir con todos nós. Noraboa 👏👏👏

E O XIRASOL MEDROU E MEDROU...

Lembrades que Yago contounos que plantara unhas sementes no seu xardín autorregable. Entre esas sementes había xirasoles ou mirasoles. Agora mirade como está a planta:
Yago e familia, grazas por compartir a vosa experiencia.👏👏👏


27 de maio de 2020

XOGO QUEN E QUEN

Alicia creou un xogo con personaxes da mitoloxía grega. Púxolle de nome Quen é quen. Noraboa polo teu esforzo!


22 de maio de 2020

MÁIS MASCOTAS

Carla e Inés queren presentan as súas mascotas:
Siri é unha gata siamesa de 3 anos que ademais é a protagonista da poesía de Carla.
Candy é un hámster de 10 meses.
Grazas por compartir con nós estas fotos tan chulas 😉

TÍTERES DAS PITAS

Luana e Maira comparten con nós o seu traballo cos títeres das PITAS BAIXO A CHOIVA de Ricardo Carballo. Noraboa polo voso traballo e por compartilo 😉👏👏👏
 

21 de maio de 2020

ADIVIÑA-ADIVIÑANZA

Un pequeno xogo para adiviñar. Agradecemos a proposta de Natalia e familia. Animádevos a participar!!! Temos comentarios e faladoiro...
Tamén comparte con nós unha cariñosa foto cun castelo de naipes: